Hoxe, martes 31, ás 18:00h, celebrase o Pleno ordinario do Concello de Xinzo do mes de agosto segundo a orde do día que acompañamos (ver pdf adxunto).
Como punto máis salientábel a tratar destacamos:
3. Petición institucional para adicar o Día das Letras 2012 a Carlos Casares (10º aniversario do seu pasamento).
4. Proposta para adicar a Casa da Cultura vella (cárcere vello) a Antonio Rodríguez “Rodriguete”, mestre, ex-concelleiro, finado recentemente.
6. Ratificación do Decreto da Alcaldía relativo á aplicación das medidas de redución do déficit público (RDL 8/2010).
7. Recoñecemento Extraxudicial de créditos: 55 mil euros facturas 2008-2009.

Venres, 23 de xullo, ás 20:30h no Salón de Plenos da Casa do Concello de Xinzo.
Intervirán:
Amador Díaz, Portavoz municipal do BNG.
X. Manuel Pérez, Senador.
Alba Feixoó, Responsábel de Galiza Nova.
Francisco Jorquera, Deputado no Parlamento español.
Non máis do mesmo, hai alternativa!
Hoxe, luns 14, ás 18:00h, celebrase o Pleno ordinario adiantado do Concello de Xinzo do mes de xuño segundo a orde do día que acompañamos (ver pdf adxunto).
Como punto máis salientábel a tratar destacamos:
* 3. Aprobación do Orzamento do Concello de Xinzo para o exercicio de 2010.

venres, 14-maio 22:00h Praza de San Roque.XINZO
Roberto Sobrado Band [www.myspace.com/robertosobrado]
sábado, 15-maio 20:00h Praza de San Roque.XINZO
Vichelocrego [www.myspace.com/vichelocrego]
*** o sábado sortearemos un lote de libros formado por obras de Uxío Novoneyra ***
Comprometidos coa Limia!!!
Hoxe, xoves, ás 13:00h, celebrase o Pleno ordinario do Concello de Xinzo do mes de abril segundo a orde do día que acompañamos (ver pdf adxunto).
Como punto máis salientábel a tratar destacamos:
* 3. Aprobación definitiva do Plan de Encauzamento do Río Limia ao seu paso pola vila de Xinzo.
No apartado de mocións de urxencia o noso grupo levará unha iniciativa sobre seguridade cidadá referida ao sector do transporte e outra sobre a Planta de tratamento de refugallos da construción que a Deputación está a poñer en marcha no noso concello.

Para informar das axudas aprobadas polo Goberno do Estado por medio da Lei 3/2010, de 10 de marzo e do Real Decreto 344/2010, de 19 de marzo, destinadas a paliar os efectos do temporal que sufrimos hai unhas semanas, o BNG vai desenvolver un calendario de charlas informativas polos pobos do noso concello para explicarlle aos afectados os contidos destas liñas de axudas e que poidan acollerse ás mesmas antes do vindeiro 25 de maio, data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.
Para explicar todo o referente aos trámites a seguir contaremos coa colaboración de: Amador Díaz, Portavoz no Concello de Xinzo, Xan Xardón, Alcalde de Vilar de Santos e Xosé Manuel Pérez, Senador.
Esta semana a axenda prevista é a seguinte:
- Xoves, 8 de abril: Lamas (20:00h, Centro Social) – Rebordechá (21:00h, Centro Social)
- Venres, 9 de abril: Morgade (20:00h, Centro Social) – Piñeira Seca (21:00h, Centro Social)
No BNG celebramos a rápida reacción do Goberno Central ao por en marcha estas axudas en resposta ás nosas demandas de declaración da Limia como Zona catastrófica, ao tempo que denunciamos a pasividade, inoperancia e inutilidade de Núñez Feijóo e do seu Conselleiro Juárez que, en representación da Xunta do PP, só abriu a boca para poñer pegas e trabas, ao tempo que anunciaba un “rígido marco de actuación” no caso de que no futuro se decidira a conceder algunha axuda para o agro da nosa comarca. Os agricultores da Limia pasarán a engrosar a lista de prexudicados pola “austeridade selectiva” do PP de Feijóo, que non aplica o mesmo “ríxido marco de actuación” nas millonarias axudas concedidas ao sector da automoción, por non falar da dilapidación dos cartos dos galegos e galegas en campañas de acoso ao noso idioma, concesións de subvencións discrecionais e adxudicacións “a dedo” dos nosos recursos naturais.
Referencias:
Hoxe, ás 18:00h, celebrase un Pleno extraordinario do Concello de Xinzo segundo a orde do día que acompañamos (ver pdf adxunto).
O pleno ten un carácter eminentemente económico e ven motivado pola obriga de tratar e aprobar o seguinte punto antes do día 31 deste mes:
* Dación de conta da Avaliación do Plan de Saneamento aprobado con motivo da operación de endebedamento realizada ao amparo do Real Decreto Lei 5/2009, de 24 de abril.

A conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, coincidiu este ano 2010 con dúas efemérides importantes que non deben pasar desapercibidas. A primeira delas é o Centenario da Instauración do 8 de Marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. A segunda, o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, relevante no noso contexto nacional por recuperar a tradición escrita da nosa lingua, mais tamén por ser precursora do pensamento feminista na Galiza. A súa obra contén unha preocupación pola condición das mulleres e o seu papel na historia e na sociedade. Mais tamén unha denuncia do papel subordinado e discriminado das mulleres naquela altura.
A situación das mulleres na Galiza -ao igual que no resto do mundo- evidencia que a reivindicación de igualdade real segue tendo plena vixencia. Para analizar e debater estes temas celebraremos unha Conferencia-Mesa redonda baixo o lema “Muller, motor do País” o vindeiro sábado, 20 de marzo, ás 18:00h, no Café Tremedoiro de Xinzo.
Contaremos co asistencia das seguintes ponentes:
- Alba Mª Feixóo, Responsábel Local de Galiza Nova.
- Teresa Devesa, Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Allariz.
- Teresa Moure, doutora en Lingüística e escritora (ver perfil).
- Tereixa Paz, Deputada do BNG no Parlamento de Galiza.