Desfeita medioambiental: chapapote na Moreira
No pleno do pasado mes de agosto o noso concelleiro, Amador DÃaz, denunciou un verquido ilegal duns 3.000 litros de chapapote nuns terreos na zona da Moreira perto dunha nave da Deputación.
O grupo de goberno prometeu investiga-los feitos e dar cos culpables, malia que todo apunta a que poidan ser operarios da Deputación presidida por Baltar. Dende o BNG denunciamos uns feitos que cualificamos de graves e esixiremos que se chegue ata o final para sancionar os responsabeis desta desfeita.



