25 de xullo, Día da Patria Galega. Manifestación en Santiago de Compostela. FAI VALER A TÚA FORZA!!!

bng.xinzodalimia

30 de Dezembro de 2004

Pleno ordinario decembro 2004

O derradeiro pleno do 2004 foi de trámite. Non había ningún punto da orde do día especialmente problemático, aínda así a proposta de obras do grupo de goberno do PP para os Plans Provinciais do 2005 deu pé a lembrar, outra volta, o abandono no que se atopa o proxecto do Museo do Entroido. Para estas obras, que financia a deputación, o alcalde propuxo o empedrado das rúas Santa Mariña e Sé. Dende o PSOE propúxose unha alternativa, coa que nós concordabamos, de adicar cando menos 60 mil euros para o Museo do Entroido. Ó final non foi adiante porque ó grupo do PP parécelle “ridícula” para a importancia das obras a realizar.

Por outra banda aprobouse unha operación de crédito do 300.000 euros que deixou en evidencia a pobre xestión do actual goberno, xa que non poidemos acollernos á oferta máis ventaxosa obxectivamente pola premura de tempo para poder concretala.

Outros puntos que resultaron aprobados foron:

  • Ordenanza fiscal do servizo de ensinanzas no Conservatorio de Música e na Escola Municipal de Gaitas, que ven a regularizar a situación actual.
  • Moción do Grupo Socialista relativa á Lei Integral contra a Violencia de Xénero.
 Arquivado em: Ao día, Grupo Municipal
12 de Dezembro de 2004

Moción de axuda ás vítimas do maremoto en Asia

Toda a comunidade internacional se moviliza para axudar a minorar os efectos do maremoto que nestas pasadas datas deixou centenares de miles de vítimas mortais no sureste asiático e máis dun millón de damnificados. Neste sentido, no Grupo Local recollemos un sentimento maioritario dentro do BNG e do pobo galego en xeral de solidariedade con tódalas nacións do mundo, considera que o noso Concello como institución, non debería quedarse á marxe deste esforzo por paliar unha catástrofe da magnitude e alcance da que estamos a falar.

 Arquivado em: Grupo Municipal, Mocións

bng
2003-2010, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | info@bng-xinzo.org

Cretos e recoñecementos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

124 queries - 2,034 segundos | Powered by WordPress