Dende o BNG coidamos que o retraso na posta en funcionamento deste servizo é un exemplo claro da falta de xestión que está a presidir esta etapa do PP á fronte do noso concello. Conscentes da situación dende o BNG fixemos un seguemento especial deste tema preguntando ao alcalde sobre o mesmo en diversas ocasións. Segundo afirmacións do propio alcalde no pleno do dÃa 28 de abril, as piscinas estarÃan rematadas (vasos e vestiarios) o 1 de xullo. Para poder chegar a esta data adxudicáronse os vestiarios urxentemente o 25 de abril, é dicir, cunha marxe para executar as obras de dous meses.
Respostando a unha pregunta do BNG, no pleno do 30 de xuño o alcalde xa non era tan optimista e retrasaba a apertura a unha data sin concretar entre o 15 e o 20 de xullo. Finalmente a triste e dura realidade, pese a achegar a colaboración da brigada municipal para apurar algúns traballos, as piscinas abriron ao público o 20 de agosto.
Nesta ocasión non podemos felicitar ao grupo de governo xa que, despois de tres anos, outra volta chegaron mal e tarde.
Neste pleno adxudicáronse obras para a construcción do novo XardÃn de Infancia e ampliación da Casa do Concello á empresa Ganade y Marra, S.L. A ámbolos dous concursos se presentaron dúas ofertas, a da citada empresa e a de ALEA, S.L. Unha vez analizadas, as condicións ofertadas por Ganade y Marra resultaron netamente superiores:
XardÃn de Infancia
*Prezo: 696.000,00 eu
*Prazo de execución: 4 meses
*Aumento de obra sobre a proxectada: 108.520,00 eu
*Melloras estéticas e funcionais: 22.250,00 eu
Casa do Concello
*Prezo: 343.000,00 eu
*Prazo de execución: 3 meses
*Aumento de obra sobre a proxectada: 55.220,00 eu
*Melloras estéticas e funcionais: 17.250,00 eu
En definitiva todos estivemos dacordo en que era a oferta máis ventaxosa xa que en conxunto disporemos duns 27 millóns de pesetas extra para mellorar estas obras. Non obstante, tamén coincidimos a oposición en conxunto, en reclamar unha revisión das bases de contratación para futuras adxudicacións de xeito que se favoreza a competencia entre empresas, o cal sempre resultará en interés do concello.
Pasando a outro tema, o noso portavoz apresentou unha moción de urxencia referida á folga da Mancomunidade instando ás partes a resolver o conflito mediante o diálogo. Despois dun debate e dunha pequena modificación foi aprobada por unanimidade por tódolos grupos.
Dende o pasado dÃa 12 de agosto estamos a padecer unha folga dos traballadores da Mancomunidade de Concellos da Limia manifestada fundamentalmente no servizo de recollida do lixo e que está a ter especial incidencia no rural. Mesmo se nos anuncia que o paro, que deberÃa rematar o 31 deste mes, poderÃa prolongarse outros 20 dÃas, agravando aÃnda máis unha situación que xa a dÃa de hoxe é preocupante e que unicamente prexudica aos viciños.