25 de xullo, Día da Patria Galega. Manifestación en Santiago de Compostela. FAI VALER A TÚA FORZA!!!

bng.xinzodalimia

30 de Outubro de 2005

Medio Rural aposta pola estabilización do sector agrícola da pataca dende a produción á comercialización

suarez-canal

O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, anunciou en Xinzo de Limia o obxectivo do Goberno galego de optimizar as condicións do sector dedicado á produción de pataca mediante a intensificación dos servizos de inspección e consumo para o control da semente certificada, a actuación sobre a base territorial para redimensionar explotacións, a axilización de obras de modernización nas comunidades de regantes e a introdución de melloras nas axudas á adquisición de maquinaria e á instalación de mozos agricultores que garantan o relevo xeracional no agro. (mais…)

 Arquivado em: En destaque
28 de Outubro de 2005

A responsabilidade de ser nación (I)

Camilo Nogueira | Publicado en: Vieiros

Despois do ocorrido co Estatuto de Euskadi, o que está a suceder co Estatuto de nación aprobado no Parlamento de Cataluña evidenciou a tremenda resistencia dos poderes do Estado e dunha parte substancial da sociedade española a recoñeceren que dentro do territorio estatal Estado non existe unicamente a nación española, senón tamén as galega, vasca, catalá, que procuran a autodeterminación reclamando neste momento un Estatuto de nación nun Estado plurinacional. (mais…)

 Arquivado em: En destaque
17 de Outubro de 2005

O Mosteiro de Trandeiras

Como todos sabedes o Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras é un dos monumentos máis siñificativos do noso concello. Dada a súa importancia temos o deber de recuperalo e conservalo para poder seguir disfrutando del.

Agora mesmo o seu estado é bastante lamentable. A igrexa foi obxecto dunha restauración (non exenta de polémica) hai uns anos, mais o resto do conxunto segue a deteriorarse.

Diante da falla de viabilidade das dúas alternativas que se plantexaron dende o PP, lembramos xeriátrico ou parador de turismo, a día de hoxe non hai perspectivas sobre que destiño darlle a esta construcción emblemática. No pleno extraordinario do pasado 14 de outubro propuxemos que podería ser acertado convocar un concurso de ideas para recoller suxerencias sobre posibles usos para o Mosteiro. Adiantándonos un pouco a esta posibilidade desexaríamos que nos achegásedes as vosas ideas ao respeito. ¿Que se pode facer co Mosteiro de Trandeiras? ¿Que suxerides?. As respostas podedes envialas ao noso email: info@bng-xinzo.org, ou deixalas aquí como comentarios a este post. Moitas grazas.

 Arquivado em: En destaque
14 de Outubro de 2005

Pleno extraordinario outubro 2005

Hoxe celebrouse un pleno extraordinario con 5 puntos na Orde do Día.

O primeiro era a demisión de Gonzalo Iglesias Sueiro como concelleiro do PSdeG-PSOE logo de acceder ao cargo de Delegado da Consellería de Educación nas pasadas datas. Na súa despedida leu un breve discurso e houbo palabras de agradecemento por parte de tódolos grupos. Dende o BNG de Xinzo desexámoslle sorte e éxitos na súa xestión.

Despois pasamos a tratar os seguintes temas, que vos debullo agora brevemente:

Proxecto para resolver o problema de abastecemento no rural en épocas de sequía

Despois da prolongada seca que estamos a padecer o nível da presa de Gudín está baixo mínimos e ameazaba con deixar sen auga aos pobos que abastece. Para solucionar esta continxencia (para o futuro) Aquagest propuxo unha solución consistente, basicamente, en bombear auga dende o Xinzo cara a presa empregando as mesmas tuberías de baixada. É unha solución sinxela e aparentemente viable xa que noso subsolo é farturento neste recurso. Segundo a propia Aquagest o orzamento para a obra é duns 154 mil euros, que se lle van solicitar á Consellería de Medio Ambiente.

Novo Cuartel da Garda Civil

Parece ser que non hai consignada partida para esta obra no Proxecto de Orzamentos do 2006. Non fai falla lembrar o estado deplorable destas instalacións, impropias dunha vila como a nosa. Había un compromiso (incumprido) de comezar neste ano que xa remata e, de non haber cambios, leva trazas de non comezar tampouco no 2006.

Mosteiro de Trandeiras

Aprobouse unha proposta para solicitar da Xunta e do Goberno Central 250.000eu para facer obras urxentes de consolidación neste monumento. As propostas do alcalde de convertilo en hotel ou xeriátrico non semellan moi viables e faise necesario tomar algunha decisión ao respeito para traballar cun obxectivo.

Tamén se acordou solicitar de Medio Rural axudas ao abeiro do R.D. 11/05, de 22 de xullo, para paliar os danos provocados polos incendios do pasado verán.

 Arquivado em: Ao día, Grupo Municipal

bng
2003-2010, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | info@bng-xinzo.org

Cretos e recoñecementos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

128 queries - 2,168 segundos | Powered by WordPress