25 de xullo, Día da Patria Galega. Manifestación en Santiago de Compostela. FAI VALER A TÚA FORZA!!!

bng.xinzodalimia

28 de Novembro de 2005

Alleamento de masas comúns

No pleno do 25 de novembro foron aprobadas polo grupo de goberno do PP as bases para allear 25 parcelas propiedade do Concello ubicadas todas elas nas proximidades da vila. Son terreos que oscilan entre os 180m2 do máis pequeno e 6.300m2 do máis grande. A valoración que se fixo destas parcelas achégase aos 326mil euros.

Dende o BNG rexeitamos esta venda indiscriminada de patrimonio municipal que se vai producir sen ter en conta nengún outro criterio máis ca o simplemente recadatorio. Coidamos que sería necesario estudar cada caso e valorar a posibilidade que cada un destes terreos poidera ter nun futuro para, por exemplo, ubicar instalacións ou servizos municipais ou calquera outra finalidade de interese xeral dos viciños.

15 de Novembro de 2005

“As Tradicións Orais Galaico-Portuguesas: Simboloxía e apropiación do medio natural”, Obra Mestra da Humanidade

Froito do traballo realizado pola Asociación Cultural e Pedagóxica “Ponte… nas ondas!” xurdiu a proposta de candidatar o Patrimonio Inmaterial galego-portugués diante da UNESCO para que sexa declarado Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade. A resolución de tal proceso, e a proclamación, están previstas para o dia 25 de Novembro deste mesmo ano 2005

A candidatura multinacional que é proposta, “A Tradição Oral Galaico-Portuguesa: Simbologia e apropriação do meio natural”, reporta-se a uma marca distintiva das expressões culturais das regiões do Norte de Portugal e da Galiza, que as caracteriza como uma unidade de práticas sociais e simbólicas, de que a tradição oral é uma manifestação original. Propõe-se esta tradição oral como “Masterpiece of Oral and Intangible Heritage of Humanity” e alia-a às manifestações materiais e simbólicas no Noroeste Peninsular porque nela encontram sentido e têm origem as comunidades humanas aqui residentes e que têm consciência da importância deste mundo da oralidade na construção da sua identidade cultural.

As regiões do Norte de Portugal e da Galiza conservam, ainda, um conjunto de práticas sociais e uma tradição oral que, de alguma forma, as individualiza no conjunto das demais regiões portuguesas e espanholas. As tradições culturais aqui transmitidas de geração em geração são herdança comum das comunidades sociais que neste espaço viveram ao longo dos séculos. O património cultural oral destas comunidades está, para além dos múltiplos contributos herdados de diferentes participantes, marcado pelas características geográficas e ecológicas da região.

 Arquivado em: En destaque
7 de Novembro de 2005

Moción de apoio á candidatura do Patrimonio inmaterial

A cultura oral común galego-portuguesa conforma un amplo abano de manifestacións literarias, musicais e etnográficas (cantigas, lendas, romances, cantos, regueifas, celebracións do ciclo agrario e da natureza, etc.) enraizadas na tradición, e que perviven aínda en amplas zonas do territorio comprendido entre o Douro e o Cantábrico como expresións dunha continuidade histórico-cultural de moita antigüidade.

Dentro das actividades que o BNG está a desenrolar para dar a coñecer a candidatura e promocionala para que conte co máximo apoio na sociedade galega está a presentación en tódolos concellos do país desta moción para que sexa debatida polos plenarios.

O concello de Xinzo debería ser un dos máis implicados dada a súa proximidade con Portugal e a súa relación cos territorios de máis aló da raia manifestada en eventos coma Expolimia.

 Arquivado em: Grupo Municipal, Mocións

bng
2003-2010, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | info@bng-xinzo.org

Cretos e recoñecementos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

126 queries - 2,135 segundos | Powered by WordPress