Posicionamento do BNG ao respeito do proxecto de Edificio Multiusos de Xinzo de Limia
Transcorridos máis de tres anos dende que o actual alcalde de Xinzo de Limia, Isaac Vila Rodríguez, tomase posesión do seu cargo tras gañar unhas elecións municipais ás que se presentou cun programa cheo de promesas, grandes investimentos e grandes melloras; é evidente a súa incapacidade e a da súa equipa de governo para levar adiante nen sequer unha mínima parte destas promesas. Neste contexto D. Isaac decide xogarse o seu escaso crédito político a unha sóa carta, que non é outra que a construción do edificio cualificado de “Multiusos”, esta decisión lévao a entrar nunha aloucada operación de montaxe propagandística, desas ás que nos ten tan afeitos o PP na Galiza, consistente en presentar en vésperas das elecións autonómicas de xuño de 2005 un convenio tan absurdo e estravagante coma irreal, o cal é asinado coa Deputación e con varias Consellerías (Agricultura, Educación, Política Territorial e Medio Ambiente) dando como resultado unha proposta da que non sae un edificio multiusos senón un edificio “Trasteiro” onde se colocarían servizos incompatibeis entre si, como a Oficiña de Extensión Agrária, o Conservatorio, a Feira do Gando e a Oficina comarcal. (mais…)



