25 de xullo, Día da Patria Galega. Manifestación en Santiago de Compostela. FAI VALER A TÚA FORZA!!!

bng.xinzodalimia

25 de Novembro de 2006

Asemblea local extraordinaria

O vindeiro xoves, 30 de novembro ás 20:30h, celebraremos no local de Xinzo unha asemblea cun único punto na orde do día:

  • Eleción do cabeza de lista e candidato á alcaldía nas Municipais do 2007.

Será unha xuntanza aberta na cal agardamos contar cunha ampla asistencia da militancia do noso concello para decidir sobre este importante tema.

 Arquivado em: Axenda, En destaque

Triste país o noso

Miguel Anxo Fernán Vello | Publicado en Galicia Hoxe

Leo un vello artigo de Barreto Rocha titulado O Brasil fala a língua galega. Para o autor a Galiza é un país que ten unha historia de 2.000 anos polo menos e que posúe un idioma consolidado hai mil aproximadamente. E engade que Portugal, como un todo, existe como Estado hai a penas oitocentos anos, “e recebeu a língua evoluída do latim desde o Norte”. E engade aínda: “Logo, o idioma português é verdadeiramente a língua galega que foi ligeiramente modificada”. O certo é que Manuel Murguía entendeu o idioma portugués como o galego “elevado á condición de idioma nacional” e Barreto Rocha transmítenos a conclusión, que é pura certeza e realidade científica, de que no Brasil se fala galego. Xa dixera Castelao aquilo de que “o galego é un idioma estenso e útil, porque –con pequenas variantes– fálase no Brasil, Portugal e nas colonias portuguesas”, e sobre este tema calquera cidadán galego informado e culto estará de acordo e non terá nada que obxectar. ¿Onde está pois o problema? Un país como o noso, que é berce dunha lingua universal que se fala hoxe, coas súas pequenas ou mínimas variantes, nun grande Estado americano como é o Brasil, non sabe ver ou non quere recoñecer –velaí os seus axentes políticos institucionais– o tesouro que significa posuírmos un idioma propio de tan amplo espectro e con tanta significación internacional. ¿Imaxinan vostedes a unha Catalunya cuxo idioma se falase en varios estados sumando máis de 220 millóns de falantes? ¿Que política levarían a cabo os cataláns a partir deste feito? Pois ben, aquí, entre nós, aínda hai xente que está en contra de que exista, no plano oficial, o “deber” de coñecer o galego como lingua. Desprézase o idioma no seu lugar de orixe, na súa patria, na súa “natio”. Non se ten conciencia do que significa a nosa lingua, do valor que posúe en si mesma, da súa inmensa utilidade. Se os cidadáns e os políticos que nos representan non corrixen isto, Galiza deixaría perder o seu sinal de identidade verdadeiramente internacional e transcendente.

 Arquivado em: En destaque
23 de Novembro de 2006

XII Asemblea Nacional

Cartaz XII Asemblea Nacional

O primeiro fin de semana de decembro celebraremos a XII Asemblea Nacional do BNG. Como ven sendo tradición, un grupo de militantes de Xinzo desprazarémonos ata Santiago para asistir aos debates e participar nas votacións. Se estás interesado en ir ponte en contacto con nós para organizarmos a viaxe.

Sede: Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
Días de celebración: 2 e 3 de Decembro.
Horario:
día 2, dá comezo ás 10:00h coa recepción de asembleístas, e o último ponto da orde do día é o debate en Comisións, apartir das 16:00h.
día 3, dá comezo ás 9:45h e o último ponto da orde do día é a sesión de clausura, apartir das 19:00h.

Para máis información acerca da Asemblea, ver as candidaturas e descargar as ponencias visita esta páxina da web nacional.

 Arquivado em: Axenda
22 de Novembro de 2006

Campaña de afiliación ao BNG

O BNG é unha organización ampla e aberta, na que ten cabida calquer nacionalista que comparta os seus principios programáticos e acepte os seus estatutos. De estar interesado en formar parte do BNG o requisito é solicitar formalmente a afiliación.

O órgao competente para dar altas no BNG é o Consello Comarcal, polo que tes que solicitala ao BNG na túa localidade ou comarca.
Se desexas receber información para afiliarte ao BNG ponte en contacto con nós.

En función da túa idade tamén tes a posibilidade de afiliarte á nosa organización xuvenil Galiza Nova (www.galizanova.org), cos mesmos dereitos ca no BNG.

 Arquivado em: En destaque
2 de Novembro de 2006

O BNG anuncia a inclusión nos orzamentos do Estado dunha partida para a recuperación e rexeneración do Río Limia

Río Limia

A situación de degradación e abandono que amosan o cauce e as beiras do Río Limia acadou xa hai tempo cotas alarmantes para tódolos veciños de Xinzo. Dende o BNG sempre fomos conscentes desta preocupación e colaboramos activamente na súa solución en cada ocasión que se nos presentou. No BNG de Xinzo temos a firme convición de que o noso río é un patrimonio único que debe ser conservado e posto en valor, debemos integrar a zona do río na paisaxe urbana con respecto e ofrecer aos nosos veciños un entorno natural para o lecer e a cultura. (mais…)

bng
2003-2010, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | info@bng-xinzo.org

Cretos e recoñecementos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

130 queries - 2,163 segundos | Powered by WordPress