25 de xullo, Día da Patria Galega. Manifestación en Santiago de Compostela. FAI VALER A TÚA FORZA!!!

bng.xinzodalimia

29 de Junho de 2007

Isaac Vila e o PP queren uns plenos para “funcionarios e xubilados”

No pleno celebrado hoxe, no cal se definíu o organigrama do Concello, o PP rexeitou a nosa petición para que os plenos ordinarios se celebrasen como viña sendo habitual ás oito da tarde. Os argumentos esgrimidos polo alcalde para xustificar este troco foron do máis sólidos, contundentes e convincentes, velaí algúns: “en outros concellos son pola mañá”, “os funcionarios teñen permiso para poder asistir” ou “os xubilados non teñen ningún problema”.

Dende o respecto absoluto que nos merecen estes dous colectivos, faltaría máis, pensamos que non son representativos da realidade socioeconómica de Xinzo. A naide escapa que ésta é unha pésima hora para que os traballadores, empresarios, comerciantes, etc. poidan achegarse ata o Concello para seguir as sesións onde se tratan dos seus problemas.

Dende a institución local deberían darse todas as facilidades para que os veciños e veciñas participasen na vida política municipal, mais está ás vistas que Isaac Vila e o PP non son partidarios de concederllas. Por que non lles interesa que a xente acuda aos plenos? Que tenta agochar D. Isaac poñéndoos a unha hora tan intempestiva?

Referencias:

27 de Junho de 2007

O BNG reclama a limpeza do Río Raposo tras a poda das árbores da súa beira realizada por operarios do Concello

foto-raposo

No día de hoxe apresentamos un escrito diante do Concello, Consellería de Medio Ambiente e Confederación Hidrográfica reclamando a limpeza do Río Raposo, á altura de Lamas, das ponlas que empregados do propio Concello deixaron “esquecidas” despois da poda efectuada ás árbores das súas beiras.

Como se pode ver na foto éstas obstrúen case completamente a visión deste regato afluente do Limia.

Referencias:

 Arquivado em: Ao día, Grupo Municipal
13 de Junho de 2007

Desfeita medioambiental nas Piscinas Municipais

arbores-piscinas-1 arbores-piscinas-2

Hoxe, o Concello de Xinzo, nun acto de irresponsabilidade e absoluta falla de respecto polo entorno natural, comezou a arrincar de raíz as árbores que bordean as Piscinas Municipais e as separan visualmente da estrada Xinzo-Bande. Dende o noso punto de vista esta actuación está totalmente inxustificada e constitúe un ataque en toda regra ao noso patrimonio natural.

No BNG de Xinzo mobilizámonos inmediatamente e, xuntamente co PSdeG, conseguimos paralizar temporalmente os traballos de eliminación destas árbores, mais para cando o fixemos xa desapareceran uns vinte metros.

O noso obxectivo é parar esta desfeita de xeito definitivo, para o cal convocamos aos veciños a unha concentración na Praza Maior coa lectura dun Manifesto en defensa do noso Patrimonio Natural e encetamos unha campaña de recollida de sinaturas para presentar diante do Concello.

 Arquivado em: En destaque

bng
2003-2010, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | info@bng-xinzo.org

Cretos e recoñecementos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

126 queries - 2,301 segundos | Powered by WordPress