O BNG abandona o Pleno como medida de protesta diante da imposibilidade de tratar a revisión de ordenanzas con seriedade pola falta de tempo para estudar a documentación
O pleno de hoxe xoves, 25 de outubro, estaba adicado case exclusivamente a revisar as taxas, impostos e ordenanzas que regulan diferentes servizos prestados polo Concello aos veciños de Xinzo. O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo optou por abandonar o Plenario sen entrar a debater os puntos da orde do dÃa referidos a estas modificacións polos seguintes motivos:
- Dende o anterior pleno ordinario transcurriron dous meses e as comisións informativas para tratar estes temas convocáronse este pasado luns, 22 de outubro. Durante o transcurso das citadas comisións os representantes dos grupos fomos simplemente informados das modificacións.
- A documentación completa referida a estas modificacións foinos entregada o martes, 23 de outubro. Ésta consistÃa nunha serie de documentos que totalizaban máis de seiscentas páxinas que debiamos revisar e analizar en menos de 48 horas para poder adoptar unha postura minimamente contrastada e razoada no transcurso do Pleno.
- Tendo en conta que a magnitude da revisión é dunha importancia considerable, xa que vai afectar a todos os veciños e veciñas de Xinzo, non entendemos a premura nos prazos que nos fixeron totalmente imposible poder estudar a documentación coa profundidade e seriedade necesarias, máxime se temos en conta, como dixemos no punto 1, que pasaron dous meses dende a anterior reunión ordinaria. Esta falla material de tempo tamén nos impediu poder presentar emendas, correccións ou aportacións que enriquecerÃan os textos definitivos.
- Diante destas circunstancias propuxemos no pleno que os puntos referidos ás revisións de taxas, impostos e ordenanzas foran retirados da orde do dÃa para poder ser analizados co tempo necesario e debatidos no próximo pleno. Esta petición non foi tida en consideración polo Sr. Alcalde, Isaac Vila, que considerou que xa estabamos suficientemente informados ao respecto.
- En vista desta actitude o Grupo Municipal do BNG abandonou o Pleno, sen entrar a debatir o fondo da cuestión, por dous motivos fundamentais: a convicción de non poder adoptar unha postura razoada sobre as cuestións plantexadas; e como medida de protesta para amosar o noso descontento e desacordo sobre como se desenvolveu este proceso en concreto e, en xeral, polo xeito despótico e pouco transparente de conducir o Concello que historicamente amosa o Alcalde Isaac Vila RodrÃguez.
Referencias:
- La Voz de Galicia (26/10/2007): O goberno aprobou as novas taxas en Xinzo co rexeitamento do PSOE e a ausencia do BNG
- Faro de Vigo (26/10/2007): Xinzo aprueba la ordenanza para cobrar el servicio de grúa
- Ourense Dixital (26/10/2007): Los dos ediles del BNG en Xinzo abandonaron el pleno contrariados con el alcalde



