25 de xullo, Día da Patria Galega. Manifestación en Santiago de Compostela. FAI VALER A TÚA FORZA!!!

bng.xinzodalimia

10 de Janeiro de 2008

O BNG solicita a reunión urxente da Comisión Informativa de Economía e Facenda para buscar solucións ao problema da liquidación dos atrasos do IBI

Diante do malestar e da inquietude existentes entre os veciños e veciñas de Xinzo polos erros na emisión dos recibos da recadación do Imposto de Bens Inmóbeis (IBI), dende o BNG valoramos na súa xusta medida as desculpas ofrecidas polo alcalde Isaac Vila, mais coidamos que non son suficientes e por iso reclamamos a adopción dende o Concello de iniciativas prácticas orientadas a solucionar o problema. Estas medidas están recollidas nun escrito presentado no día de hoxe no Rexistro do Concello, que é continuación do que xa presentamos o pasado venres 4 de xaneiro interesándonos polo tema.

As nosas peticións son as seguintes:

  1. Convocatoria urxente da Comisión informativa de Economía e Facenda, Especial de Contas e de Persoal coa finalidade de avaliar a situación actual e as solucións que se están a adoptar dende o Concello, co pedimento expreso de que na citada reunión estea presente un representante da empresa que xestiona os cobros para dar as explicacións oportunas.
  2. Reiterar o pedimento que faciamos no noso escrito anterior (4-1-2008) de transparencia e información aos veciños por todos os cauces dispoñíbeis.
  3. Habilitar un Punto de Atención personalizada para atender a todos os veciños e veciñas que se acheguen a solicitar información sobre o tema.
  4. Paralizar cautelarmente o cobro e revisar “de oficio” os recibos xa emitidos, ben sexa polo propio Concello ou a través da empresa que xestiona o servizo, para subsanar todos os erros existentes sinagardar a que sexan os propios veciños os que plantexen a súa reclamación.

Referencias:

bng
2003-2010, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | info@bng-xinzo.org

Cretos e recoñecementos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

122 queries - 2,049 segundos | Powered by WordPress