Fotos no flickr
A indignación dos veciños é grande pola deixadez e inoperancia do Concello e máis do alcalde á hora de devolver ao seu estado orixinal o muro que arrodea a igrexa do pobo logo de derrubalo hai un ano para efectuar labouras de desbroce.
A secuencia dos feitos é a seguinte:
- Abril de 2007: O Concello derruba 4 metros do muro que conforma o Diestro da igrexa de Parada coa excusa do desbroce diante da petición (segundo din) dun veciño que non saben determinar. Non piden ningún tipo de permiso nin cursan ningún tipo de habilitamento de Patrimonio (dado que é un ben cultural do s.XVIII) nin do Bispado de Ourense (o propietario da finca, rectoral e Igrexa) nin, por suposto, informan a naide no vecindario.
- Verán do 2007: Fúndase a Asociación ‘O Muiño da Lama’ diante do abandono xeralizado e o deterioro evidente que sufre o término municipal. Unha das primeiras iniciativas que toma é a de esixirlle ao Concello responsabilidades na restauración do muro.
- Marzo de 2008: Despois de casi un ano de absoluto pasotismo municipal ‘O Muiño da Lama’ pon en coñecemento do Bispado a situación, constatando o seu total descoñecemento do asunto e un considerable enfado polo atentado patrimonial e contra a propiedade.
- Abril de 2008: O alcalde declara aos medios que a culpa é da Asociación porque non deixou restablecer o dito muro ao Concello, é dicir, culpa a quen pide solucións.
Dende o BNG desexamos manifestar a nosa solidariedade e apoio aos veciños de Parada e reclamamos do alcalde a inmediata reparación deste muro e que, dunha vez, cesen os atentados ao noso patrimonio histórico e cultural.
Referencias:
Despois de cada proceso electoral é imprescindíbel facer un alto no camiño, analizar os resultados e tirar conclusións en positivo que axuden nas accións e estratexias do futuro.Nesta táboa podes ver os resultados das eleccións en Xinzo e a comparativa ao respeito das anteriores Xerais de hai catro anos:
| X’08: Resultados Congreso. Xinzo de Limia |
| |
2008 |
|
2004 |
|
Inc. |
|
| BNG |
903 |
14,36% |
631 |
9,99% |
+272 |
+43% |
| PP |
3.266 |
51,94& |
3.800 |
60,17% |
-534 |
-14% |
| PSdeG-PSOE |
2.017 |
32,08% |
1.547 |
25,50% |
+470 |
+30% |
No BNG confirmamos a tendencia á alza que se iniciou nas Municipais do ano pasado e fomos quen de subir 272 votos respecto ao 2004 igualando o mellor resultado histórico en Xinzo. Esta suba ten o mérito de producirse no marco dunhas eleccións que non nos favorecen, cun escenario fortemente polarizado entre as dúas forzas maioritarias a nivel estatal e cun BNG que mantivo en Galiza os resultados de hai catro anos.
Pola súa banda, o PP colleita un dos seus peores resultados co descenso dun 14% de votos e o PSdeG-PSOE recolle os froitos da xestión do goberno e incrementa sensiblemente os seus apoios.

Ver todas as fotos no flickr
O pasado venres, 29 de febreiro, unha empresa particular que, segundo as nosas informacións, actuou seguindo instrucións do Concello, invadiu unha propiedade particular e arrincou de raíz varios carballos de considerable envergadura e máis de 30 anos de idade. A motivación, ao parecer, foi que estas árbores secaban unha fonte próxima, o cal carece absolutamente de fundamento xa que, de todo o mundo é sabido que os carballos estenden o seu sistema radicular en superficie e este en ningún caso afecta á capa freática xa que está nun nivel inferior ao das raíces das árbores.
A secuencia cronolóxica dos feitos é a seguinte:
- Na semana pasada o PP celebrou un acto electoral no pobo de Faramontaos no que dous veciños lle solicitaron arrincar as árbores próximas á “Fonte da Pía” argumentando que eran as causantes de que esta non tivera auga.
- Sen ningún tipo de informe técnico, sen solicitar o preceptivo permiso dos propietarios e invadindo propiedade privada consumouse un atentado ecolóxico de consecuencias irreparables.
- Estes feitos poñen de manifesto, unha vez máis, o xeito de actuar do noso alcalde, Isaac Vila, e do Partido Popular quen, por conseguir media ducia de votos non dubidan en estragar irreparablemente o noso medio natural, brincando por riba dos máis básicos dereitos individuais dos cidadáns e dos trámites legais e administrativos elementais.
- Dende o BNG de Xinzo da Limia valoramos os feitos acontecidos como de máxima gravidade e xa diriximos un escrito ao Concello solicitando toda a información sobre o particular. Ademais esixiremos responsabilidades políticas inmediatas, independentemente das consecuencias que pola vía civil ou penal se poidan derivar das denuncias que o propietario afectado presentou diante das autoridades competentes.
Referencias:
Resumos dalgúns actos electorais do BNG por todo o país con motivo das eleccións Xerais do 9M. Comezan co trailer emitido nos espazos gratuitos de propaganda electoral.
Cortesía de TeleBNG
Outros medios gráficos: