Aprobada a proposta do BNG para a recuperación do premio para o Cartel do Entroido 2009
No Pleno ordinario celebrado hoxe presentamos, como xa anunciamos hai uns días, unha alternativa para dotar economicamente o Concurso do Cartel do Entroido 2009. A finalidade desta moción era dar unha alternativa viábel ao anuncio da Concellaría de Cultura da eliminación deste premio, ao tempo que denunciamos a falla de rigor e de creatividade do actual responsábel que sempre “tira” polo camiño máis doado evidenciando unha total ausencia de ideas.
O sentido da outra moción presentada neste mesmo pleno era procurar unha redución nos gastos correntes do Concello para afrontar as sempre adiadas medidas de contención e saneamento que as contas municipais veñen reclamando dende hai moitos anos. O grupo de goberno comprometeuse a levar a comisión un plan amplo de cara ao vindeiro exercicio e agardaremos o momento de coñecelo.
- Moción Premio do Concurso para o Cartel do Entroido 2009 (pdf, 76kb)
- Moción conxelacion dietas altos cargos e outras medidas de austeridade e compromiso social para o exercicio 2009 (pdf, 76kb)
Referencias:
- La Región (01-11-2008): El cartel del Entroido será pagado en Xinzo con dietas de un pleno de los 11 ediles



