Fotos no flickr
Logo do éxito da convocatoria de concentración na Praza de hoxe que serviu para constatar o malestar e rexeitamento entre os veciños de Xinzo provocados pola medida aprobada polo “goberno popular” do Concello no Pleno do dÃa 18 de decembro e que vai representar unha suba media dun 27% na vila e de máis dun 120% no rural como consecuencia da implantación con carácter xeral dun novo canon de saneamento para pagar o mantemento do servizo concedido á empresa Aquagest sen ningún tipo de concurso e sen mediar un estudo rigoroso ou valoración de outras posÃbeis ofertas, o Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo anuncia que continuará coas mobilizacións e desenvolverá unha campaña informativa e de recollida de sinaturas en todos os pobos do Concello para facerllas chegar ao equipo de goberno antes da celebración do vindeiro pleno.
Outra volta máis, a falla de previsión e a absoluta despreocupación polos intereses municipais do alcalde, Isaac Vila, e do seu grupo de goberno bipartito van facer que a xestión do servizo de mantemento das depuradoras e da rede de alcantarillado estea en mans dunha empresa privada, Aquagest, durante os próximos 30 anos, hipotecando a xestión de todas as vindeiras corporacións e asegurando á empresa un volume de facturación garantido de máis de 34 millóns de euros de hoxe, que terán que saÃr dos petos de todos os veciños e veciñas de Xinzo, ofertando a cambio 1,5 millóns de euros que xestionará o noso alcalde actual e que poderán servir de remendo de final de ciclo e de remate dunha longa e desastrosa vida polÃtica á fronte do Concello de Xinzo.
Referencias:
Dentro do Fondo Estatal de Investimento Local ao Concello de Xinzo da Limia correspóndenlle un máximo de 1.773.776€ a investir en obra nova non contemplada no orzamento de 2009.
O BNG considera que debe ser o Pleno da Corporación municipal quen formule esa proposta de obras e que se debe aproveitar o financiamento derivado deste plan para poñer en marcha actuacións que permitan asentar e mellorar os servizos públicos, desenvolver obras e actuacións para apoiar os nosos sectores económicos básicos, mellorar as condicións de vida no rural, recuperar e poñer en valor o noso patrimonio e estender e ampliar a rede de servizos sociais como mellor arma de cubrir as necesidades dos que máis o necesitan en épocas de crise como a que vivimos.
Por isto vimos de presentar unha moción solicitando que sexa a Comisión de Urbanismo e Obras a que estude a relación de proxectos a financiar dentro do plan e que unha porcentaxe do fondo se destine especificamente a obras no rural do noso concello. Paralelamente tamén presentamos un escrito cunha proposta de 20 obras de diversa Ãndole para a súa consideración na citada Comisión, entre elas recollemos melloras de diferentes espazos públicos urbanos e rurais, recuperación e posta en valor de patrimonio histórico, mellora na rede de saneamento, construción do Conservatorio, etc.
Ligazóns:
Referencias:

Fotos no flickr
Hoxe, o Vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, estivo en Xinzo para asistir ao comezo das obras da nova estación da ITV, que estará funcionando para o vrao do vindeiro ano. Este era un servizo longamente anhelado e reclamado polo Bloque de Xinzo que agora foi posÃbel grazas á implicación e apoio da ConsellarÃa de Innovación e Industria, xestionada polo BNG, receptiva aos argumentos que nós defendiamos e que apostou pola capitalidade da Limia para ubicar unha estación permanente que tamén reclamaban outros concellos ourensáns.
Como dixo o Vicepresidente, a ubicación na Limia responde a “criterios obxectivos e de xustiza”, como defendiamos dende o BNG de Xinzo nas dúas últimas citas electorais municipais e como reflectimos na moción que presentamos no Pleno Municipal do 24 de abril de 2008 (e que foi aprobada por unanimidade). O noso concello e a súa área de influenza dispoñen do maior parque de maquinaria agrÃcola de todo o paÃs e, con este servizo, os nosos agricultores non terán que desprazarse a Ourense ou VerÃn nin agardar longas ringleiras na sempre ateigada lista de espera da ITV móbil que nos visitaba periodicamente.
Outra volta máis o BNG amosa con feitos o seu compromiso coa Limia e co seu tecido produtivo e materializa sobre o terreo as súas propostas e reivindicacións dos últimos anos. No futuro seguiremos a traballar pola nosa comarca e polas súas xentes para situala no lugar que lle corresponde no mapa sociopolÃtico e económico de Galiza.
Documentos:
Referencias:
Ligazóns:

Fotos no flickr
A Pista de Morgade é unha estrada da concentración que parte do enlace coa autovÃa A-52 e atravesa en liña recta a Lagoa de Antela en dirección a Vilar de Barrio ao longo duns 15km. Pese a contar cunha estrada provincial (OU-1102) para realizar este mesmo percorrido, o mellor trazado da Pista de Morgade fai que sexa utilizada ‘de facto’ como vÃa de comunicación habitual cos pobos da zona este do concello (Morgade, Pena, Soutelo e Trandeiras) e cos concellos veciños de Sarreaus e Vilar de Barrio. Isto fai que soporte un tráfico rodado de turismos e camións para os que non foi pensada na súa orixe.
A velocidade máxima desta vÃa está limitada a 60km/h, mais esta limitación é habitualmente superada polos vehÃculos que circulan por ela acotÃo. Por outra banda, a súa concepción como pista agrÃcola fai que conte con multitude de interseccións mal deseñadas e sinalizadas. Estes dous feitos foron a causa nos últimos anos de diversos accidentes moi graves que se saldaron con preto dunha ducia de persoas falecidas.
A conversión desta vÃa nunha estrada autonómica coas caracterÃsticas de firme, trazado e sinalización axeitadas traerÃa innumerables vantaxes: [1] facilitarÃa o acceso rodado a todos os pobos mencionados anteriormente, [2] artellarÃa adecuadamente a comunicación cos concellos de Sarreaus e Vilar de Barrio achegándoos á autovÃa A-52 e [3] mellorarÃa substancialmente a seguridade viaria ao eliminar puntos negros que se teñen cobrado a vida de moitas persoas.
No Grupo Municipal do BNG pensamos que este proxecto axéitase plenamente aos obxectivos das liñas de actuación da ConsellarÃa recollidos no Plan Director de Estradas de Galiza e, no convencemento de que Xinzo debe exercer na comarca d’A Limia o seu papel de liderazgo, vimos de rexistrar unha moción para que o Concello solicite á ConsellarÃa de PolÃtica Territorial, Obras Públicas e Transportes a adecuación desta estrada.
Referencias: