
Dado o malestar e desacougo manifestados por un amplo grupo de pais e nais usuarios do recentemente acondicionado Parque Infantil do Toural e tendo rexistrado na Oficina de Apoio ao Cidadán do BNG de Xinzo a súa frustración diante da indiferenza municipal ao respecto das importantes carencias que este Parque Infantil presenta, o Grupo Municipal do BNG ten a ben certificar estas anomalías para que os responsábeis municipais procuren a súa urxente resolución, pondo de manifesto así mesmo que non é de recibo que unhas instalacións que foron obxecto dunha importante reforma e acondicionamento nos últimos meses (dos que aínda non se informou aos grupos da oposición en canto a custos e pormenores da actuación) estea aínda sen rematar e amose as seguintes graves deficiencias:
- Inexistencia de bancos para se sentar e de caldeiros para o lixo. Non se xustifica que unha reforma dun espazo verde e de lecer non contemple estes dous aspectos básicos, o que apunta sen dúbida á inexistencia de proxecto de execución do grupo de goberno do PP.
- Deficiente acoutado do recinto infantil para impedir, na medida do posíbel, a entrada de animais á zona de area destinada ao xogo e espallamento dos nenos.
- Inadecuación tanto do peche metálico que delimita e separa a zona infantil do resto do Parque (este valado metálico é froito da reciclaxe sen máis do antigo peche), así como de toda a infraestrutura ou mobiliario que poida agochar un risco potencial para os nenos segundo contempla a Normativa Europea de Seguridade de Parques Infantís, UNE-EN-1176 e UNE-EN-1177, no que atinxe a:
- Riscos de contención.
- Riscos de entalado de cabeza e pescozo.
- Sistemas de fixación non axeitados: parafusos ou ornamentos metálicos que sobresaen en exceso.
- Ausencia de sistemas de amortecemento e pavimentos non acaidos pola súa dureza e ariscado.
O Grupo Municipal do BNG ven de esixir, a medio de escrito rexistrado no Concello, o inmediato arranxo de todas estas graves carencias co obxecto de garantir a total seguridade do recinto. Denunciamos a pasividade e irresponsabilidade que pon de manifesto, máis unha vez, o Goberno do PP de Xinzo ao realizar este tipo de actuacións sen proxecto e sen observar a normativa de seguridade específica, reflexo da máis absoluta inoperancia, desidia e falla de previsión.
Ao tempo instamos ao PP e ao Alcalde, Isaac Vila, a que deixe de adicarse a inaugurar tractores e se poña a traballar pola seguridade dos nenos e nenas de Xinzo.
Referencias:
O anuncio feito durante a pasada campaña electoral polo noso Alcalde, Isaac Vila, no senso de que baixaría o canon de Saneamento e Depuración aprobado en decembro “se o PP gañaba as eleccións, xa que así a Xunta financiaría as obras que motivaron esa nova taxa”, e posteriormente confirmado tras o 1 de marzo, amais de traer confusión a un tema xa enrevesado de por si vai a ser de moi difícil aplicación na práctica dadas as actuais circunstancias.
Segundo o estudo aportado por Aquagest, que serviu de base para establecer as tarifas na ordenanza, a concesionaria entregaba ao Concello para “realizar obras” a cantidade de 1,5 millóns de euros, que deberían ser amortizados anualmente a razón de 93.579,82€/ano, o cal se corresponde co 15,7% do custo total anual do servizo. Isto fai que, se agora as obras as vai a financiar a Xunta de Galiza, cousa que aínda está por ver, podamos prescindir da parte correspondente á amortización desta aportación o cal repercutirá nas taxas exactamente nese 15,7%, é dicer, se damos por boa a proposta de Aquagest as taxas só poderán baixar en 1,21€/mes quedando establecidas en 6,50€ mensuais (para o mínimo de 20m3) xa que este era o “custo do servizo” ofertado pola empresa. Deste xeito o anuncio do Alcalde quédase nun simple lavado de cara xa que seguiremos a dobrar a media que por estes conceptos se paga no resto de concellos do país.
En función desta realidade o Alcalde, Isaac Vila, só ten dúas opcións para establecer unhas taxas cercanas ao custo real do servizo e na liña do resto de concellos de Galiza: [1] Aceptar a nosa petición, formulada na alegación que presentamos á ordenanza en xaneiro deste ano, e deixar sen efecto as taxas e todo o feito ata agora para iniciar o proceso dende o principio abríndoo á libre concorrencia doutras empresas, ou [2] Manter as bases recollidas no estudo de Aquagest e baixar efectivamente as taxas nunha cantidade superior a eses 1,21€/mes. Esta segunda posibilidade implicaría que o servizo sería “teoricamente deficitario”, contradicindo o principio básico de repercutir o custo aos usuarios, co cal o Concello debería asumir a diferenza a costa dunhas arcas municipais que soportarían outra nova carga e, ao final, a baixada non sería tal xa que os veciños seguirían a pagar o total do importe inicial vía impostos.
Relacionadas:
Referencias:

Nas pasadas Eleccións ao Parlamento de Galiza no concello Xinzo acadamos uns resultados históricos subindo o teito do BNG, acadado nas Municipais, e situándonos a só 60 votos de ser a 2ª forza máis votada. Isto ven a confirmar a tendencia ascendente que levamos desde o 2007 ao sermos os únicos que medramos nas últimas tres citas electorais.
|
GZ’09 |
GZ’05 |
XERAIS’08 |
LOCAIS’07 |
| BNG |
1.394 |
22,7% |
935 |
15,9% |
+459 |
903 |
14,3% |
+491 |
1.224 |
19,4% |
+170 |
| PP |
3.056 |
49,8% |
3.394 |
57,6% |
-338 |
3.266 |
51,9% |
-210 |
3.083 |
48,9% |
-27 |
| PSdeG-PSOE |
1.454 |
23,7% |
1.484 |
25,2% |
-30 |
2.017 |
32,1% |
-563 |
1.768 |
28,1% |
-314 |
Ollando ao resto da nosa provincia somos o 3º concello en números absolutos, só por detrás de Ourense (9.348) e Allariz (1.972), e o que máis sobe en termos porcentuais daqueles nos que somos oposición.
Os bos resultados do noso concello non serven para mitigar a decepción polo acontecido a nivel nacional coa perda da posibilidade de repetir goberno na Xunta de Galiza. A baixada de 40 mil votos, coa conseguinte perda doutro escano no Parlamento, obriga a unha fonda reflexión no seo da organización e a replantexar políticas e estratexias de cara ao futuro e esa é unha laboura á que estamos chamados e na que debemos participar todas/os as/os militantes do BNG.
Fixéronse cousas ben e cousas mal, mais o balance en conxunto foi moi positivo para o País e debemos estar orgullosos diso e defendelo contra vento e marea. Como se ten dito nestes días o feito de que o PP gañase as eleccións non fai que as mentiras se convertan en verdade. Agora agárdannos catro anos difíciles nos que deberemos traballar con máis forza se cabe para manter as conquistas acadadas e impedir a volta atrás coa que ameaza o novo presidente en materias fundamentais como a lingua, os recursos naturais, a protección da nosa costa, o benestar, a educación, etc.