O BNG advirte do risco que existe debido a un derrube parcial na marxe dereita do Limia e insta ao Alcalde a que extreme a cautela nas actuacións que afecten ao rÃo

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Xinzo alerta do alto risco que existe para a cidadanÃa debido ao derrube parcial da mouta que compón a marxe dereita do Limia na proximidade da presa, na pista asfaltada a continuación da Avenida do RÃo Limia, augas abaixo da Ponte do Mato e a escasos 150 metros do Parque do Toural. A esta altura preséntase unha fenda nun tramo de máis de cinco metros con perda de material de contención, quedando mesmo ao ar a estrutura de formigón dun colector do servizo de augas. O socalco na ribeira é moi preocupante dado que está a xerar un corte vertical de considerábeis proporcións, con aparencia desleixada, e a tan só centÃmetros do firme asfáltico dunha pista con moito tráfico rodado e de viandantes.
É por ilo que o BNG ven de rexistrar un escrito no Concello poñendo o feito en coñecemento do Grupo de Goberno e instando de urxencia a súa sinalización e valado para crear canto antes un perÃmetro de seguridade que evite posÃbeis accidentes, ao tempo que reclamamos se proceda á realización dos traballos necesarios para o arranxo e volta á normalidade da zona. É preocupante que ata o de agora non se tomara ningunha medida, aló menos preventiva ou de sinalización, sÃntoma evidente da desidia e falla de interese non só no que atinxe á protección e conservación do rÃo sometido xa a forte degradación, senón o que é máis grave, no referido á seguridade cidadá.
Por outra banda, o BNG celebra que Isaac Vila, despois de 30 anos ocupando a alcaldÃa, teña en consideración a urxencia de levar a cabo a súa primeira actuación nas ribeiras do tramo urbano do RÃo Limia, prevista con cargo ao Fondo Estatal de Investimento. AÃnda que dada a transcendencia natural e cultural do Limia, e sobre todo dada a súa grave e continuada degradación, a construción dun Paseo Fluvial de formigón, zahorra e farolas diste moito de ser a medida técnica seria e ambiciosa que garanta tanto a debida protección medioambiental como unha axeitada recuperación e posta en valor do noso rÃo.
Por isto o BNG esixe do Grupo de Goberno do PP no concello de Xinzo que extreme a cautela nas actuacións que afecten ao RÃo Limia, instando tamén a velar pola súa protección e posta en valor evitando que intervencións pouco acaidas se convertan nunha nova fonte de progresivo deterioro.
Referencias:
- Radio Ourense – Cadena SER (07-04-2009): El BNG alerta sobre un derrumbe parcial en el cauce del Limia que puede ser peligroso
- Ourense Dixital (08-04-2009): Demandan medidas al Concello de Xinzo por un derrumbe en la margen derecha del rÃo Limia
- La Región (14-04-2009): La Confederación asegura que no recibió el informe del talud del rÃo Limia que el Concello afirma haber enviado



