25 de xullo, Día da Patria Galega. Manifestación en Santiago de Compostela. FAI VALER A TÚA FORZA!!!

bng.xinzodalimia

1 de Março de 2010

O BNG solicita a declaración da Comarca da Limia como Zona Catastrófica

20100301-capa

Fotos no flickr

Dada a crítica situación xerada trala caída de prezos da pataca que ven arrastrando da pasada campaña a Comarca da Limia, agravada ao longo do presente inverno polas intensas chuvias e anegamentos continuados das explotacións provocando asemade a total inviabilización da pasada e futura sementeira do cereal, e isto sumado á virulencia coa que o recente temporal “Xynthia” incidiu sobre o marcado carácter agrícola da Limia, incluídas colleitas, parcelas, almacéns, explotacións agrícolas e gandeiras, peches e infraestruturas, chegando mesmo a derrubar inmóbeis e inutilizar a rede de pistas, o BNG de Xinzo da Limia a través do seu Concelleiro Portavoz Amador Díaz Penín pide a inmediata celebración dun Pleno Extraordinario URXENTE para que o Concello solicite que A Limia sexa declarada Zona Catastrófica tanto pola Xunta de Galiza como polo Goberno Central.

Así mesmo, solicitarase a creación dun censo de damnificados para cuantificar perdas e estimar axudas pertinentes, e dado o carácter urxente e de situación de emerxencia desta moción, tamén se recomendará que non sexan xeradas as dietas correspondentes a celebración deste Pleno.

Referencias:

2 Comentários »

  1. [...] O BNG solicita a declaración da Comarca da Limia como Zona Catastrófica  Arquivado em: Axenda, En destaque chuzar! — Imprimir — Comentários (0) [...]

    Pingback por bng.xinzodalimia » Visita do Portavoz Nacional do BNG a zonas da Limia afectadas polo temporal e polas intensas choivas deste inverno — 7 de Março de 2010 @ 1:58 am


  2. [...] reacción do Goberno Central ao por en marcha estas axudas en resposta ás nosas demandas de declaración da Limia como Zona catastrófica, ao tempo que denunciamos a pasividade, inoperancia e inutilidade de Núñez Feijóo e do seu [...]

    Pingback por bng.xinzodalimia » Charlas informativas polas axudas para paliar os danos do temporal “Xynthia” — 6 de Abril de 2010 @ 11:31 pm


Feed RSS para comentários a este post. TrackBack URI



Publicar um comentário

bng
2003-2010, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | info@bng-xinzo.org

Cretos e recoñecementos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

128 queries - 2,315 segundos | Powered by WordPress